Benvida

Este espazo adicado á biblioteca escolar nace coa idea de compartir experiencias lectoras e divulgar boas prácticas en torno á lectura. Nel atoparedes información de eventos anuais e especialmente se difundirán actividades e proxectos que se vaian realizando ao longo do curso.

martes, 11 de octubre de 2011

As mochilas viaxeiras

¡Xa están preparadas para ir a túa casa!
    A experiencia das "Mochilas Viaxeiras posta en marcha o curso anterior dun xeito experimental  en algunha das aulas do centro tivo unha excelente acollida por parte das familias, por iso queremos este ano continuar co proxecto ampliando a 9 as unidades participantes. Empezaremos por Educación Primaria e máis adiante irán chegando tamén ás aulas de Educación Infantil.
   Irán de man en man e de casa en casa ao longo dunha semana xa que iniciarán a súa viaxe un venres e regresarán o xoves ao cole para que así outras familias a poidan disfrutar.
   Con este proxecto pretendemos fundamentalmente mellorar o hábito lector do noso alumnado e concienciar ás familias do papel importante que desempeñan no fomento da lectura.

Os cadernos viaxeiros


Os cadernos xa están listos
  
 Este material irá acompañado dun  caderno  onde terá que escribir o seu nome e a data en que recibe a mochila ; pais e fillos, TODOS, podedes participar colaborando cun debuxo, un comentario a cerca dos libros ou as vosas impresións ao respecto desta actividade así como calquera outra suxestión que nos axude a mellorar.